Arenado e desplacado do granito

O caso que vamos a analizar é un sóto con muros de granito de máis de 200 anos, situado nun recinto cerrado, nunha zona moi húmida. Sen exposición ó aire libre. No seguinte vídeo podemos observar como se descompón o granito ó pasar a man.

Este tipo de degradación do granito é orixinada polas filtracións, a capilaridade ascendente, condensacións, por absorción higroscópica, etc. O muro, ó estar nestas condicións, desconponse orixinando o arenado e o desplacado do granito.

Na restauración e reabilitación realizados anteriormente, utilizáronse hidrofugantes porque suponíase que impermeabilizarían a pedra e evitarían o seu deterioro. Os hidrofugantes, só se poden aplicar en fachadas sombrías sobre granitos sen degradación e serven exclusivamente para correxir a formación de verdín. En granito degradados, o hidrofugante acelera a súa descomposición e o conseguinte arenado do granito. Os hidrofugantes non consolidan nin impermeabilizan o material tratado, pois só son aceites hidrófobos, que rexeitan a auga.

A consolidación é a solución máis adecuada. A consolidación que utilizamos, por sí mesma, tampouco impermeabiliza un granito con degradación, pero produce o efecto contrario ó arenado, e decir, aglutina a pedra mediante un pegado estructural a través da rede capilar, ca incorporación de novas sales ó granito.

Aquivigo fai este pegado con sales de sílice e alúmina disoltas en auga. Consolidamos a pedra mollándoa e selando a rede capilar. Nesta rexeneración da pedra, o aporte salino é considerable e no efecto visual posterior da pedra tratada, hai cambios de cor e aspecto.

Despois de realizar o consolidado é necesario realizar tratamentos complementarios para conseguir a cor característica do granito.