Fachadas de morteiro monocapa pintadas
- Detalles
- Creado o Xoves, 06 Marzo 2014 18:27
Algunhas das solucións actuais para a impermeabilización de fachadas non son todo o efectivas que cremos que poden ser. En moitas ocasións das fachadas revestidas en monocapa son cubertas por pinturas elásticas para intentar solucionar o problema das filtracións.
Neste tipo de pinturas poden aparecen burbullas pola acción do sol. Ademáis, debido a denominada "barreira de vapor", producese a degradación do morteiro, problema característico nas fachadas con pinturas impermeables.
É habitual ver edificios con fachadas de formigón repintados con pintura impermeable elástica sobre pintura impermeable ríxida. Neste tipo de práctuca non é econsellable xa que a radiación solar quenta o muro, degradando e despegando a pintura inicial, o que acaba causando desconchados.
Nesta imaxe podese ver como a pintura elástica de cor vermello despegase da pintura inicial da fachada de cor branco.
Noutras fachadas podese ver como a pintura no revestido de monocapa, non impide a filtración da auga da choiva, mais a pintura impermeable ríxida evita que a auga saia ó exterior. Como consecuencia o revestido despegase pola carbonatación do morteiro e rompese.
A imaxe mostra o lamentable estado do muro, cun elevado perigo de desprendementos.
Carbonatación do mortiero
É importante prestarlle antención neste fenómeno xa que é o que provoca que a pintura se despegue do muro. Un exemplo de carbonatación dunha fachada podemolo ver na seguinte imaxe, nun principio a fachada tiña unha pintura acrílica ríxida e foi pintada cunha pintura elástica. A fronte de carbonatación presentase a menos de 1 cm da superficie pintada, pódese observar unha completa destrucción do morteiro.
Ademais tamén producirase a oxidación das armaduras, pois as barras de ferro corrugado están protexidas da corrosión polo PH alcalino do morteiro. Este entorno alcalino é destruido pola reacción do anhidrido carbónico atmosférico coa cal do morteiro, cando este proceso alcanza a barra de ferro, a corrosión da armadura comeza a producirse.
Por iso dende aquivigo aconsellamos evitar o uso de pinturas elásticas para solucionar problemas de impermeabilización en fachadas de monocapa, se queres ver algúns dos nosos traballos podes acceder a sección de Obras e non dubides en poñerte en contácto con nos se teis algunha consulta.