Fachadas de chapeado de granito
- Detalles
- Creado o Mércores, 02 Abril 2014 12:00
Hai un uso habitual de hidrofugantes para impermeabilizar fachadas de chapeado de granito. Os hidrofugantes que se usan son maioritariamente siliconas, formuladas como misturas de silanos e siloxanos. Nunha fachada de chapeado o hidrofugante ten que ser estable no ph alcalino do morteiro das xuntas e tamén do morteiro de pegado da pedra, ademáis do anterior ten que ter unha boa penetración e resistencia hidrofoba ás precipitacións con ventos fortes, unha boa resistencia á radiación solar, etc. Ademáis das precipitacións asociadas a unha climatoloxía adversa, hay que ter en conta a condensación e a absorción higroscópica do granito e do morteiro.
O hidrofugante que ten un bo comportamento no granito, non resiste a acción química do morteiro. Polo contrario, o hidrofugante que ten un bo comportamento no morteiro non é válido no chapeado de granito. Hai varias explicacións para isto, pero esta explicación require un conocemento de química e que está relacioando coa hibidación de tipo sp3, que adopta o átomo de silicio nos silanos, xerando compostos inestables. Con todo, esta hibridación sp3 no cuarzo (SiO2) está ordenada espacialmente nunha rede tridimensional (cristalizado). Esta sílice amorfa, é tamén un desecante, é decir, quita a humidade do lugar no cal se encontra.
Fai máis de 15 anos que comezamos a desenvolver técnicas alternativas o uso de silanos e siloxanos baseándonos no precipitado de sílice amorfa na rede capilar, primeiro a nivel experimental e dende hai 8 anos comezamos a utilizalos na impermeabilización e consolidado do granito. Os precesos de consolidado químico que formulamos para o sellado da rede capilar, permitiunos vencer as dificultades que os hidrofugantes de silicona convencionáis non poden resolver.
As seguintes fotografías son fachadas en chapeados de granito hidrofugados e as xuntas foron tomadas con masilla de poliuretano. Nelas pódese ver a degradación do hidrofugante no chapeado de granito e a masilla das xuntas non impiden a filtración a través do chapeado de granito. A inestabilidade das siliconas a miúdo ocasionan no granito manchas estructuráis e superficiáis pois acelerase a oxidación e degradación do feldesparo asociado a degradación do propio hidrofugante.
O hidrofugado ten unha resistencia hidrofobica de uns poucos anos, como a ignorancia é atrevida, moitos aplicadores, cun descoñecemento total dos productos químicos que utilizan, teñen o atrevemento de garantizar os seus traballos por 10 anos ou máis, cando hidrofugan unha fachada. Eu nunca entendín a que se refiren con esa garantía, pois os propios fabricantes dos hidrofugantes non asumen esa responsabilidade.
Tamén vin fachadas en chapeado de granito impermeabilizadas con resinas de silicona, barnices, pinturas, etc.
Eu son da opinión de que non existen productos milagrosos, que resolven as filtracións que presentan estas fachadas e que están directamente relacionados coa capilaridade, o tipo de granito e cos defectos constructivos do edificio. Sellar as xuntas con masillas, hidrofuar a fachada, etc. Poden ser tratamentos efectivos durante algún tempo, pero a os poucos anos, as humidades volven a aparecer como antes de facer o tratamento.
Os productos químicos que se usan para correxir estes problemas non poden ser manexados por persoas sen conocementos suficientes de química, pois o seu manexo e aplicación poden chegar a ser realmente perigosos. Todos os aplicadores de productos químicos en construcción, deberían de ter unha formación no manexo, na utilidade e na duración dos tratamentos. Non consigo imaxinar unha limpeza química do granito por personal sen formación, con eliminación de manchas, hidrofugantes, pinturas, etc. A limpieza que se utiliza normalmente, a miúdo é mecánica mediante: o fresado, chorreado, etc. Outros máis atrevidos usan: lexía, sosa, auga forte, etc. En ningún caso o resultado é minimamente satisfactorio, pero seguen facendoo.