Envellecemento e impermeabilización do granito
- Detalles
- Creado o Martes, 14 Outubro 2014 12:20
Envellecemento do granito:
O cambio da cor no granito pode producirse de dúas maneiras:
- Cambio da cor estrutural.
- Cambio da cor superficial.
O cambio da cor estrutural é un envellecemento químico do granito. Este cambio da cor prodúcese por adición de sales solubles a través da rede capilar, que reaccionan no interior da pedra xerando unha nova cor. A intensidade da cor depende da concentración salina aplicada e a cor resultante está asociada a composición química das sales usadas.
A cor resultante é completamente diferente a cor da disolución aplicada e, o ser procesos químicos complexos, esa coloración pode modificarse superficialmente segundo a intensidade e tonalidade requiridos. É a mellor maneira de envellecer o granito para igualar a cor nunha reparación ou nun traballo de restauración.
Unha vez conseguido a cor desexada, procedese ó selado da rede capilar con sílice e alumina amorfos.
Ó selar a rede capilar, a cor da pedra queda fixado de maneira permanente cunha perfecta definición cristalina do granito. E dicir, non hai película superficial e o granito transpira a través dos micro capilares. A resistencia química e mecánica aumentan e o movemento capilar da auga desaparece (o granito queda impermeabilizado estruturalmente).
O cambio da cor superficial, faise por pigmentación e fixación química dos pigmentos mediante consolidado. O espesor da película está asociado a granulometría dos pigmentos, é un espesor insignificante pois telegrafía a forma cristalina do granito, é dicir, pódese percibir con claridade os cristais de cuarzo, micas, etc.
Cunha limpeza química adecuada, podemos eliminar esta pigmentación e recuperar a cor orixinal.
Estas dúas técnicas de cambio da cor, permiten identificar completamente o granito, pois non hai ocultación dos cristais que constitúen o granito. Cando se pinta un granito, xa sexa mediante un graffiti ou pintado, prodúcese unha capa que impide visualizar a estrutura cristalina do granito.
Impermeabilización de fachadas de Granito:
Vamos a considerar dous tipos de fachada:
-
Fachada de granito macizo.
-
Fachada en chapado de granito.
Cando hai unha correcta execución do muro, non se producen filtracións nin humidades no interior da vivenda.
Na foto apreciase a fronte do forxado e o tabique de ladrillo do interior da vivenda. Hai aplicado un morteiro de impermeabilización (na cor branca) e unha formación previa dunha canle por enriba. Cando levantamos o muro exterior sobre ese forxado podemos ter filtracións a través do forxado polo seguinte:
-
Se o muro é de granito macizo, por capilaridade a auga depositase encima do forxado e filtrarse ó interior.
-
Se o muro é de chapado e o ladrillo é oco, a auga depositase igualmente encima do forxado.
-
Se o muro é de chapado e o ladrillo é macizo, a auga escorrega pola fachada.
-
Se o muro non se levanta encima do forxado, nunca haberá filtración á vivenda.
É dicir, aparentemente non hai un defecto construtivo na execución deste muro. Hai unha impermeabilización do arranque cun morteiro adecuado, pero este morteiro ¿Impide as filtración da auga cando se molla o muro?. A resposta é contundente, non impide as filtracións.
Faise unha canle impermeabilizada e agreganse pipetas de aireación. ¿Alguén pode explicar como sube a auga estancada encima do forxado á canle e despois sae pola pipeta?, ¿para que serven esas canles e esas pipetas?. Dinme que é para recoller a auga da condensación. Si o muro está correctamente illado con espuma de poliuretano, poliestireno extruido, etc. ¿Como e onde se produce a condensación?, ¿enriba do illamento ou no muro de ladrillo?. si existe algún técnico cualificado que explique isto, estaría ben, pois eu non consigo entender o sentido real desas pipetas nun muro que non está pintado. Si o muro ten pintura impermeable, é evidente que fai falta ventilación, pois eliminamos a súa transpiración. ¿Que sucede se nos poñemos un chuvasqueiro no verán e vamos tomar o sol?, ¿que pase si lle poñemos un chuvasqueiro a un edificio se lle fa o sol?.
Hai moitos edificios construídos co arranque do miro exterior encima do forxado. Estes edificios sempre terán problemas de humidades e filtracións debido a capilaridade do granito. Isto resolvese si se impermeabiliza correctamente a fachada para evitar a capilaridade do granito.
Para impermeabilizar o granito só existe a posibilidade de selar a rede capilar. Os hidrofugantes non serven para impermeabilizar o granito, pois non selan a rede capilar, simplemente son aceites que repelen a auga e crearonse para evitar o verdín das fachadas orientadas ó norte. Nunha fachada soleada o hidrofugante descomponse rapidamente e a súa hidrofobia desaparece en poucos meses. Si lemos con detemento unha ficha técnica de calquera hidrofugante, podemos ver que non serven para impermeabilizar as fachadas de granito.
O selado da rede capilar é algo que non podemos explicar sin facer un desenvolvemento químico, pero en resumo temos dous sistema diferentes:
-
Consolidantes inorgánicos.
-
Consolidantes orgánicos.
O manexo de consolidantes eficaces, só está o alcance de químicos especializados. Os albaneles que aplican, por descoñecemento, masilla e hidrofugantes na impermeabilización de fachadas, non están capacitados para facer aplicacións químicas complexas.