Impermeabilización de terrazas
- Detalles
- Creado o Venres, 09 Mai 2014 12:20
Tipos de terrazas.
Hai moitos tipos de terrazas e sistemas de impermeabilización. En primeiro lugar, vamos a considerar os seguintes:
- Terrazas non transitables
- Terrazas transitables
- Terrazas axardinadas
- Cubertas planas non transitables
- Xuntas de dilatación en terrazas
Terraza non transitable.
É evidente que pode ser impermeabilizada cun menor nivel de esixencia e o profesional que realiza a impermeabilización dispón de todas as variables posibles de produtos que existen no mercado. É dicir, pode aplicar: pinturas, tela asfáltica, lona, etc. Que eso quede ben vai depender sobre todo, da habilidade e experiencia do profesional.
Terraza transitable por persoas ou vehículos.
Ten un nivel de esixencia extremo. O profesional que realiza o traballo ten que ter unha enorme experiencia e debe utilizar produtos que resistan o esforzo e a rodadura dos vehículos.
Terrazas axardinadas.
Podemos pensar que teñen un comportamento parecido ás piscinas. Hai que saber moito de impermeabilizacións, para facelo ben.
Cubertas planas non transitables.
Soen impermeabilizarse con lonas de caucho ou PVC e seguidamente protexese a lona da radiación solar con garbancillo, chapas, etc. Este tipo de cubertas é sinxelo de realizar e non acostuma a dar problemas si se fai correctamente.
Xuntas de dilatación.
Impermeabilizar ben as xuntas de dilatación nas terrazas, é algo que non podemos explicar de forma resumida, pero soe ser un desafío que poucos profesionais saben resolver.
Impermeabilización de terrazas.
En la impermeabilización de terrazas es determinante la pericia y experiencia del profesional. Un profesional sin experiencia usando los mejores productos posibles, lo hará siempre mal. El hacer una prueba de estanqueidad satisfactoria, después de aplicar la impermeabilización, no es garantía de que el trabajo haya quedado bien.
Formación de depósitos salinos.
É posible que se produzan depósitos salinos sobre: baixantes, sumidoiros e muros.
A orixe do problema está na precipitación de carbonatos nos drenaxes da auga procedente das terrazas dentro do principio químico que explico a continuación:
Unha disolución acuosa de anhídrido carbónico, presenta as propiedades dun ácido débil. O ácido carbónico, non se illou como tal. A súa existencia en disolución infire do feito do feito de que forma sales cos álcalis.
O ácido é diprótico (K1=4,45. 10E -7 y K2=4,69. 10E -10) e forma dúas series de sales, carbonatos e bicarbonatos. Os carbonatos e bicarbonatos dos metais alcalinos e de amonio son solubles. Os carbonatos de outros metais son insolubles e poden precipitarse engadindo carbonatos solubles a disolucións das súas sales. Algúns carbonatos metálicos, aínda que insolubles en auga, son solubles en disolucións de ácido carbónico por formar bicarbonatos solubles. A formación de estalactitas e estalagmitas é debido á transformación do bicarbonato cálcico, soluble, en carbonato cálcico, insoluble.
Os cementos tipo Portland grado 42.5, teñen na sua composición un 65% de óxido cálcico, un 4% de óxido de magnesio e un 5% de óxido de aluminio, asociados como silicatos e aluminatos. A Hidrólises do morteiro por capilaridade con auga de choiva orixina a formación de sales solubles maiormente de bicarbonato cálcico que, en contacto có aire, colle forma de sal insoluble do tipo carbonato, precipitando sobre baixantes, sumidoiros e muros.
As fotografías adxuntas reflicten este problema e a súa solución definitiva pasa por refacer novamente a impermeabilización, xa que os drenaxes non existen oun están mal. As fotos das baixantes, son sales formadas nos últimos tres anos, e as da fachada nos últimos 4 anos. Ademais de impermeabilizar ben as terrazas, hai que facer un correcto drenaxe para evitar a formación dos depósitos de sales en sumidoiros, baixantes e fachadas.