Fachadas de ladrillo cara vista
- Detalles
- Creado o Luns, 10 Marzo 2014 12:40
O comportamento deste tipo de fachadas é moi bo no centro, leste e sur de España, polo contrario, no oeste, os invernos chuvosos asociados ó forte vento orixinan filtracións nas fachadas, con problemas de humidades nos recercados das fiestras e nos forxados. Algúns técnicos, enteneden que hai un deficiente sellado das fiestras, mais en realidade o problemas está na capilaridade do ladrillo e do morteiro.
Hidrofugantes en fachadas de ladrillo cara vista
Os repelentes de auga son xeralmente unha mestura de siliconas: silanos e siloxanos, outros grupos que melloran a penetración ou a súa durabilidade, tanto grupos metilo ou grupos de isooctilo. A solución de resina de silicona, que ten un peso molecular elevado, o que impide a penetración na parede, creando un filme fino sobre a fachada. Ademais, estas resinas de silicona reaccionan cos álcalis para formar metilsiliconatos hidrosolubles que son eliminados da fachada pola acción da choiva, polo tanto, a característica hidrófoba desaparece en efecto, en poucos anos.
Na foto podemos ver o acabado de resina en comparación coa cor orixinal da fachada de ladrillo cara vista hidrofugada.
Dende aquivigo non recomendamos hidrofugar este tipo de fachadas, mais a imaxinación dalgúns non ten límites, hidrofugan a fachada sen resolver as filtracións e o seguinte paso e revestir con masilla de poliuretano o morteiro das xuntas, que non só non impieden a filtración da auga senón que ademais perxudican a estética do edificio. Un exemplo moi claro podémolo ver nas seguintes imaxes.