envejecido_01.jpg

Cambio da cor e envellecido de fachadas de granito

En aquivigo desenvolvemos tratamentos permanentes de cambio da cor, envellecido e consolidado químico con sílice e alumina en granitos.

O cambio da cor e o envellecido do granito conséguese engadindo sales solubles a través da rede capilar. O reaccionar no interior da pedra xera cambios de cor estruturais.

En aquivigo podemos modificar esa coloración superficial segundo a intensidade e tonalidade requeridos. A diferencia da pintura, a nosa técnica unha vez aplicada mantense translúcida, cunha perfecta definición cristalina do granito, non hai unha película superficial e o granito transpira a través dos micro capilares.

No caso do granito séguense apreciando as estructuras cristalinas asociadas a os minerais do cuarzo, feldespato, etc...

O envellecido químico, o cambio da cor e o consolidado interactúan conseguindo un material máis resistente.